Aínda que o xogo Bioshock Infinite non chegue ás tendas ata finais de febreiro de 2013, a terceira entrega desta saga que salta da cidade submarina de Rapture ata a cidade flotante de Columbia está a provocar moita expectación, de aí que o vindeiro luns vaian abrir a reserva das súas edicións especiais (que terán cantidades limitadas).
Por unha banda teremos a Edición Premium, que incluirá un chaveiro cunha réplica en miniatura da botella que conten o Murder of Crows, unha litografía de Jorge Lacera, unha miniatura de 25 milímetros de Handyman do vindeiro xogo de mesa de Bioshock Infinite, un mini libro de deseño con bosquexos do xogo cunha portada envellecida e varios contidos descargables adicionais.
Para os que non lles chegue esta edición especial poden optar pola Ultimate Songbird Edition, que conta cos contidos mencionados anteriormente incluíndo adicionalmente unha figura de nove polgadas e media dun dos monstros que aparecen no xogo.
Aínda non se publicou o prezo europeo das edicións especiais do novo Bioshock, pero nos EE.UU. será de 79,99 dólares para a Edición Premium e de 149,99 dólares para a Ultimate Songbird Edition.
Presentan as edicións especiais de Bioshock Infinite
Compartir Este Artigo
