A campaña de Ada Wong poderá xogarse sen ter superado previamente as de Chris, Leon e JakeAtendendo ás esixencias do público, Capcom decidiu preparar unha actualización de balde para o seu xogo Resident Evil 6, que destaca por permitir axustar a cámara para poder obter un campo de visión que se adapte ao noso estilo de xogo (corrixindo un detalle moi criticado, pois a cámara chegaba a ser un atranco nalgúns momentos nos que o xogador padece ataques de inimigos que chegan de fóra da pantalla), incrementa as opcións de subtitulación (podendo agora escoitarse o audio en inglés con subtítulos noutros idiomas), incorpórase un nivel de dificultade chamado No Hope que suporá un maior reto para os xogadores máis experimentados e desbloqueará a campaña de Ada Wong para que non sexa preciso superar as 3 anteriores para poder gozar da mesma. Agárdase que o parche de Resident Evil 6 estea dispoñible ao longo do mes de decembro.