O vindeiro venres é un grande día para os posuidores dunha consola portátil Nintendo 3DS/3DS XL, pois é a data na que o profesor Layton vai estrear as súas aventuras en 3D en España con El profesor Layton y la Máscara de los Prodigios, nunha historia que parte dunha solicitude de axuda ao popular profesor por parte dunha amiga da súa infancia, que levará a Layton, ao seu aprendiz Luke Triton e á súa asistente Emmy Altava á cidade de Montedore cando está a celebrar un grande desfile de Carnaval no que se desencadea a traxedia cun Cabaleiro Enmascarado que petrifica aos espectadores, milagre que investigarán os nosos amigos. Layton descubrirá outros prodixios do mencionado cabaleiro, que están a aterrorizar á poboación de Montedore (como cadros que cobran vida ou xente que arde en chamas) e para desvelar os trucos deste malvado Layton terá que somerxerse no seu propio pasado.
O xogo contará con gráficos 3D, 150 quebracabezas incluídos aos que se engadirá 1 ao día durante un ano tras o lanzamento do xogo e moitas outras funcionalidades que procurarán tirar proveito das funcionalidades da Nintendo 3DS/3DS XL.
Para animar o lanzamento deste xogo estes días están a emitir por televisión varios anuncios entre os que destacamos o último, protagonizado polas irmáns Penélope e Mónica Cruz:
O profesor Layton desembarcará este venres na Nintendo 3DS
Compartir Este Artigo
