Rovio lanzará o vindeiro 8 de novembro o xogo Angry Birds: Star Wars, que vén de deixarse ver nun vídeo promocional que amosaron a través de Tumblr, e que acompañando a unha simpática animación dos paxaros anoxados que representan a Luke Skywalker e á princesa Leia amosa escenas do xogo en acción co paxaro Skywalker empregando a súa espada de luz para destruír as construcións dos porcos verdes ou á versión de Leia disparando a un AT-AT.
Unha interesante actualización das mecánicas de xogo de Angry Birds que continúa a ampliar o número de plataformas nas que estará dispoñible e, aparte de iOS, Android (sen esquecer o Kindle Fire), Windows e OS X tamén estará dispoñible en Windows Phone 8.
Haberá que agardar ao 8 de novembro para poder adquirir o novo xogo de Rovio, e durante a espera é posible que vaian desvelando os poderes que presentarán o resto de paxaros rebeldes que loitarán contra o Imperio dos porcos verdes nunha galaxia moi, moi afastada.
Novo trailer de Angry Birds: Star Wars
Angry Birds: Star Wars déixase ver en vídeo
Compartir Este Artigo
