Os usuarios da última consola portátil de Sony, a PS Vita, pode que estean un tanto decepcionados polo reducido catálogo de xogos dispoñible, e para compensar un chisco o vindeiro 21 de novembro van ter a posibilidade de contratar o servizo PlayStation Plus, que ata o momento só estaba dispoñible para PS3 e que chega agora á portátil co prezo habitual: 49,99 euros/ano. Os actuais subscritores de PlayStation Plus poderán levar o servizo á PS Vita de balde.
Grazas a PlayStation Plus é posible gozar de 1 Gb de almacenamento en liña para a PS3 e outro tanto para a PS Vita, podendo empregarse as posibilidades do servizo grazas á actualización do software de sistema da PS Vita á versión 2.00, que tamén incluirá as habituais actualizacións e parches de seguridade.

Os usuarios de PS Vita tamén poderán gozar de Chronovolt e de Tales from Space: Mutant Blobs Attack. Para completar as vantaxes para usuarios de PS Vita que subscriban PlayStation Plus, a PS Store ofrecerá cun 20% de desconto os xogos Escape Plan, Unit 13, Hustle Kings, MotorStorm RC, Super Stardust Delta, Top Darts, Little Deviants, Modnation Racers: Road Trip e Reality Fighters.
A PS Vita sumarase ao servizo PlayStation Plus o vindeiro mércores
Compartir Este Artigo
