A aventura episódica de Telltale Games baseada en The Walking Dead (Los Muertos Vivientes) anuncia a súa fin para o vindeiro 21 de novembro, cando estrearase na PlayStation Network, no Bazar de Xbox LIVE, nas tendas de descargas para PC e Mac e na App Store a quinta entrega desta historia, que levará por título Non queda tempo.
Este videoxogo está baseado nos comics de Robert Kirkman que inspiraron a serie de televisión homónima, permitindo aos xogadores participar da experiencia de supervivencia nunha apocalipse zombi. A historia ten puntos comúns coa dos comics e a serie televisiva, pois o protagonista, Lee Everett, cruzarase con personaxes da obra de Kirkman (veremos a Glenn antes da súa partida a Atlanta) e incluso algunhas localizacións (como a granxa de Hershel), pero un dos puntos fortes desta aventura é a toma de decisións, que afectarán ao transcurso do xogo que a semana que vén pecharía a súa primeira tempada e, tras o seu éxito, ten confirmada a súa publicación en formato físico e unha segunda tempada para satisfacer aos xogadores que quedaron con ganas de máis.
Trailer do episodio 4 de The Walking Dead que inclúe estatísticas das decisións tomadas polos xogadores (o que pode considerarse un spoiler)
O xogo The Walking Dead pecha a súa primeira tempada a semana que vén
Compartir Este Artigo
