O Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe a versión de demostración de DmC, a nova entrega da franquía de Devil May Cry que busca a renovación, e que dende hoxe poden probar os usuarios da Xbox 360 que gocen de contas Gold, mentres que os usuarios da PlayStation 3 recibirán a demo mañá mesmo. Este adianto do xogo protagonizado por un Dante redeseñado presenta 2 misións (Under Watch e Secret Ingredient) que permiten recorrer as rúas da cidade do xogo e enfrontarse a un demo Súcubo para ter unha idea de como son os combates finais no título que chegará ás tendas o 15 de xaneiro.

O novo Devil May Cry estrea demo
Compartir Este Artigo
