O xogo de quebracabezas de plataformas creado por DMA Design en 1991 Lemmings, que foi todo un referente na súa época en ordenadores como o Commodore Amiga, o Atari ST e o PC (contando con conversións para numerosos ordenadores domésticos e consolas de videoxogos) chega esta semana a PlayStation Mobile grazas a d3t, compañía que adaptou este clásico para que poda gozarse en dispositivos certificados por PlayStation (como os móbiles Sony Ericsson Xperia Play, Sony Xperia S, HTC One X/S/V e a consola PlayStation Vita).
A adaptación do xogo a novos dispositivos fíxose dun xeito moi atinado (con gráficos renovados e aproveitando as pantallas táctiles), mantendo a súa experiencia de xogo fielmente e ofrecendo os primeiros 30 niveis de balde.
Trailer da versión dos Lemmings en PlayStation Mobile
Os Lemmings chegan a PlayStation Mobile
Compartir Este Artigo
