Xa comentamos hai varias semanas que estaba a piques de rematar o desenvolvemento do xogo Maldita Castilla, unha homenaxe a videoxogos clásicos como Ghost’n Goblins ao que se lle deu un toque español mudando ao seu protagonista (Sir Arthur) por un castizo Don Ramiro (inspirado no Cid Campeador) que terá que librar ao Reino de Castela dunha vaga de monstros e criaturas da mitoloxía medieval europea, e dende este semana o xogo final xa é unha realidade, podendo descargarse de balde para gozalo no PC, de xeito que poderemos percorrer os seus 6 niveis e derrotar os seus 14 xefes finais, nunha aventura que os máis hábiles poderán rematar en 50 minutos, aínda que algúns dos inimigos poida supor un reto suficiente como para incrementar a duración deste reto durante bastante tempo.
Maldita Castilla está dispoñible para a súa descarga totalmente de balde, aínda que o seu autor ten aberta a posibilidade de realizar doazóns que permite acceso a material non utilizado e, os que paguen 29 euros poderán facerse coa edición física dalgún dos anteriores títulos deste desenvolvedor independente de videoxogos de balde.
Trailer de Maldita Castilla

