Imaxe da versión para PC de SuperfrogHai pouco máis dun ano Team 17 chegou a un acordo con GOG (Good Old Games) para publicar os seus xogos clásicos, permitindo que os usuarios de ordenadores con Windows poidan mercar o arcade de plataformas Superfrog, para o que partiron da versión para MS-DOS do xogo que tamén chegara para Commodore Amiga 500. Nesta caso estabamos ante unha fiel reedición do xogo, pero agora que o xogo cumpre 20 anos anuncian que imos poder gozalo en PlayStation 3 e PS Vita nunha revisión chamada Superfrog HD que contará con gráficos totalmente renovados, estando involucrado o seu estudo orixinal neste relanzamento. Cómpre destacar que o xogo orixinal, aínda que hoxe o vemos como un título moi básico e sinxelo, no seu momento era do mellor que había no mercado, non só en xogabilidade, senón tamén en gráficos e son, aínda que do seu relanzamento o único que pode esixirse é que manteñan a súa mecánica de xogo aditiva que valeulle a súa sona.