Bungie, o estudo que estivo detrás da afamada franquía de Halo ata Halo Reach (pasando o relevo a 343 Industries en Halo 4), leva un tempo traballando nun novo proxecto do que pouco se sabía ata o momento, agás que era totalmente independente de Microsoft, e finalmente rachan o silencio e publican un vídeo nos que a xente de Bungie fala abertamente de Destiny, título que aseguran que é o proxecto máis ambicioso na historia do estudo.
Destiny será un xogo cunha narrativa de ciencia ficción, cun achegamento moi cinematográfico á acción, e con elementos sociais que facilitarán compartir experiencia con outros usuarios ao fusionar a acción en primeira persoa cun mundo persistente.
Para a creación de Destiny, Bungie desenvolveu un novo motor gráfico que permitiría levar o xogo á Xbox 360 e á PlayStation 3, así como a futuras plataformas, que parece que será para as que estará dispoñible finalmente o xogo, posto que Activision aínda non incluíu este xogo no seu calendario de 2013.
Vídeo no que os desenvolvedores de Bungie dan detalles sobre Destiny
Os creadores de Halo dan detalles sobre o seu vindeiro proxecto
Compartir Este Artigo
