Hoxe chega ás tendas de videoxogos e ás plataformas de descargas StarCraft II: Heart of the Swarm, primeira grande expansión de StarCraft II, que pode adquirirse nunha edición estándar (dixital ou física) por 39,99 euros, en edición Coleccionista por 69,99 euros e en edición Digital Deluxe por 54,99 euros. Esta nova expansión no seu modo campaña céntrase na vinganza de Kerrigan, a antiga Raíña de Espadas, que deberá planear a súa fuxida das tropas do Dominio terran para reclamar o seu lugar no corazón do Enxame.
O xogo, dispoñible para Windows e OS X, conta con 20 misións de campaña incorporando ás forzas de Kerrigan a numerosos zerg (evolucionables) para poder vingarse de Arcturus Mengsk; o seu modo multixogador tamén conta con novas armas de guerra á vez que actualizan algunhas das unidades de Wings of Liberty.
Un xogo imprescindible para os seareiros desta saga iniciada en 1998 e da que pasaron máis de 2 anos e medio dende a súa anterior entrega, polo que a súa expectación era moi grande, polo que pode ser un dos supervendas do ano.
Trailer cinemático de StarCraft II: Heart of the Swarm
Estréase a primeira expansión de StarCraft II
Compartir Este Artigo
