Hideo Kojima apareceu na GDC disfrazado do seu alter ego, Joakim Mogren, para presentar o novo Metal Gear SolidA Game Developers Conference (GDC) que ten lugar estes días en San Francisco parece que vai rematar cunha grande nova como protagonista: a anuncio oficial do Metal Gear Solid V: The Phantom Pain¸ xogo que levaba meses creando expectación, e que está a ser desenvolvido por Moby Dick Studio (cun ficticio Joakim Mogren ao cargo, que non era outro que Hideo Kojima disfrazado) e do que o anunciado en setembro Metal Gears Solid: Ground Zeroes será un prólogo, situándose a nova entrega 9 anos despois como pode verse no trailer oficial deste prometedor xogo. O novo xogo gozará de grandes gráficos grazas ao FOX EngineO vídeo publicado hoxe amosa imaxes do xogo en tempo real correndo nun PC facendo uso do FOX Engine, pese a que polo momento só está confirmado que o xogo sairá para PlayStation 3 e Xbox 360 (aínda que parece bastante probable que durante o E3 ou o TGS anuncien versións para consolas de nova xeración). Queda agora por ver como fará Konami para lanzar as dúas novas entregas de Metal Gear Solid, especialmente por estarmos nun momento de transición entre xeracións de consolas de videoxogos, pero todo apunta a que a compañía nipoa está a por os alicerces para entrar con forza nesta nova etapa.