Hai preto de dous anos anunciouse que o xogo Double Dragon II: The Revenge, lanzado en 1989 para a meirande parte das plataformas da época, ía contar cun remake para Xbox 360, e hoxe convértese nunha realidade, estreándose no Bazar de Xbox LIVE Arcade como Double Dragon II: the Wander of Dragons a un prezo de 800 Microsoft Points (9,6 euros). Este beat’em up desenvolvido polo estudio coreano Gravity permite xogar a 1 ou 2 xogadores fóra de liña e recupera os vello xogo dos irmáns Billy e Jimmy Lee, pero cuns gráficos totalmente renovados, incorporando algunhas novidades, como un novo nivel, algún inimigo e incluso renovando o vestiario dos personaxes, fuxindo da estética dos anos 80.
Este xogo chega á Xbox 360 cun retraso notable (de ano e medio), pero tamén a un prezo inferior ao previsto inicialmente, pero de seguro que saberá aproveitar a forza que a nostalxia xoga entre os incondicionais deste tipo de títulos que hai máis de dúas décadas causaban furor nos salóns recreativos.
Double Dragon II estrea remake para Xbox 360
Compartir Este Artigo
