En febreiro do ano pasado a PlayStation 3 recibiu The Jak and Daxter Trilogy, recompilatorio das 3 primeiras entregas da saga de Jak e Daxter para PlayStation 2, que adaptáronse á alta definición e incluso son compatibles con televisores 3D, e que finalmente chegará á PS Vita no mes de xuño, demostrando así que a portátil de Sony ten potencia dabondo para correr este tipo de xogos con fluidez, á vez que enriquece estes xogos clásicos grazas á incorporación de funcións táctiles en certos minixogos.
Este lote de xogos clásicos poderá adquirirse por un prezo de 29,99 euros, garantindo moitas horas de diversión para os amantes deste tipo de aventuras.
Trailer de The Jak and Daxter Trilogy para PS Vita
Os xogos de Jak e Daxter chegarán á PS Vita en xuño
Compartir Este Artigo
