Coa emerxencia das consolas de videoxogos domésticas a primeiros dos anos 90, os salóns recreativos perderon boa parte do seu sentido en Europa e EE.UU., pois as máquinas recreativas non conseguían superar sobradamente á experiencia que achegaban as súas irmáns pequenas como en anos anteriores, de xeito que eses templos da mocidade convertéronse en locais pouco frecuentados e practicamente desaparecidos das vilas e cidades de case todo o mundo, pero existe unha grande excepción: no Xapón aínda teñen boa vida este tipo de establecementos, ofrecendo máquinas que dificilmente poderían levarse ao fogar e conservando un espírito competitivo e unha cultura que por poderemos ver en profundidade grazas a un documental titulado 100 Yen: The DVD, que vén de saír á venda por 24,99 dólares canadenses (menos de 20 euros) e que distribúese con subtítulos en inglés, xaponés, francés e español.
Esta peza audiovisual de 68 minutos aborda a evolución dos salóns recreativos e a súa cultura no Xapón, para o que achéganse a compañías como Taito e SEGA, e contando con presenza de redactores especializados en videoxogos, profesionais da industria e incluso o popular xogador Daigo Umehara, un dos maiores expertos do mundo en xogos de loita.
100 Yen gravouse e produciuse durante 3 anos, e finalmente ve a luz en DVD, agardando que a finais do ano saia tamén como descarga dixital e en Blu-ray.
Trailer do novo documental sobre o fenómeno das máquinas de videoxogos no Xapón
Un documental recolle a cultura dos salóns recreativos no Xapón
Compartir Este Artigo
