Microsoft vai celebrar unha fin de semana de portas abertas para a súa Xbox 360, de xeito que os usuarios que teñen tal consola poderán acceder de balde ao seu servizo en liña, Xbox LIVE Gold, entre os días 3 e 5 de maio, o que supón que sen realizar ningún pagamento poderán xogar en liña a Gears of War: Judgement, FIFA 13, Halo 4, Call of Duty: Black Ops II ou Forza Horizon, entre outros, acceder a unha serie de ofertas dispoñibles só durante esta semana (con xogos como NBA JAM, Tony Hawk’s Pro Skater HD, Castlevania: Symphony of the Night ou X-Men a metade de prezo) e poder acceder ao servizo Xbox Video, dende o que alugar películas como El Hobbit e poder ver episodios de series de televisión de balde (para poder probar comodamente esta experiencia).
Aparte de Xbox Video, con Xbox LIVE pódese acceder aos servizos de vídeo Wuaki.tv, Canal+ Yomvi, rtve.es A la carta, Gol Televisión, Antena 3, Sensacine, YouTube, aos partidos da NBA e a NHL e incluso a un catálogo de máis de 8.000 cancións de karaoke, aínda que algúns destes servizos precisan dunha subscrición adicional, pero son unha boa mostra de como o que antes entendiamos como unha simple consola de videoxogos, hoxe podemos ver como un centro multimedia para o lecer doméstico.
Habitualmente o servizo de Xbox LIVE Gold ten un custo de 5 euros/mes.
Xbox LIVE Gold será de balde a vindeira fin de semana
Compartir Este Artigo
