Warner Bros Interactive Entertainment anunciou hoxe Dying Light, un xogo de acción en primeira persoa dentro do xénero do survival horror ambientado nun mundo aberto e que destaca polos seus ciclos de día e noite que afectan drasticamente ao xeito de actuar neste título que está a ser desenvolvido por Techland (estudo detrás de Dead Island) para PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e PC, agardando que estea dispoñible durante 2014.
O xogo sitúa ao xogador de día nun contorno urbano que explorar, buscando subministros e armas para poder enfrontarse a unha crecente poboación de infectados, mentres que pola noite o cazador convértese en cazado, e os infectados vólvense agresivos e perigosos, polo que sobrevivir ata o seguinte amencer será todo un reto.
Dying Light promete ser un xogo moi completo, cunha mecánica de survival horror pola noite; movementos libres que poden servir tanto para fuxir dos inimigos máis perigosos como para saltar entre edificios coma se estivésemos en Mirror’s Edge; un mundo de grande tamaño con variade de inimigos; diversidade de armas que permiten dende uns brutais combates corpo a corpo ata disparar dende certa distancia; armas personalizables (na liña do mencionado Dead Island); e un novo motor gráfico (Chrome Engine 6) que promete estar á altura das consolas de nova xeración.
Os creadores de Dead Island preparan un novo survival horror
Compartir Este Artigo
