Brian Henderson foi o afortunado usuario que desvelou o misterio de CuriosityCando Peter Molyneux, grande autor do mundo dos videoxogos con obras ás súas costas como Populous e Syndicate, emprendeu un novo proxecto empresarial baixo o nome de 22cans, quixo chamar a atención cun experimento chamado Curiosity, consistente nun mundo virtual cheo de milleiros de millóns de cubos, instando aos usuarios a destruílos para desvelar o que oculta a súa fronteira final, algo que só podería descubrir unha persoa, que podería decidir se facer público ou non un misterio que prometía mudarlle a vida e finalmente completouse esta experiencia con éxito, rematando o xogo Bryan Henderson, un mozo de Edimburgo que recibiu un vídeo no que se lle explicaba o que figuraba no interior de Curiosity: a oportunidade de converterse no deus de todos os xogadores en Godus, xogo que 22cans emprendeu tras recadar financiamento a través de Kickstarter. Pero a cousa non quedará aí, senón que a empresa de Molyneux compartirá con Bryan Henderson os beneficios obtidos a través de contidos descargables para este novo xogo. Complétase así unha interesante proposta que, aínda que rodeada de certa expectación inxustificada, conseguiu culminar dun xeito bastante digno.
Vídeo no que Molyneux explica o que agochaba o interior de Curiosity