Onte presentouse na Filmoteca de Catalunya, sede de Gamelab 2013, o programa e os contidos que terá a vindeira edición deste encontro profesional de videoxogos que desenvolverase entre os días 26 e 28 de xuño, que serve para reivindicar o papel da industria do lecer interactivo a nivel económico e cultural.
Este encontro achegará a Barcelona aos principais creadores e expertos internacionais do sector dos videoxogos, como Mark Cerny, o principal deseñador da PS4, quen recibirá o premio lenda de Gamelab; Michel Ancel, creador de Rayman; Jesse Schell, experto en gamificación; ou o carismático Patrice Desilets, creador de Assassin’s Creed; mentres que, por desgraza, Will Wright, creador de xogos como SimCity e Los Sims, estará ausente nesta edición na que recoñecen o seu traballo galardoándoo co Premio de Honra da Academia das Artes e as Ciencias Interactivas, que en anteriores certames recaera en figuras como Hideo Kojima (Metal Gear) e Kazunori Yamauchi (Grant Turismo).
Este encontro leva xa 9 edicións, e a súa organización conseguiu logros como a candidatura de Shigueru Miyamoto ao Premio Príncipe de Asturias, e precisamente como ligazón co Xapón, o vindeiro mes de outubro en colaboración con Acción Cultural Española enviarán 15 expertos ata o país asiático, pois entende que non só hai que preservar o potencial creativo local, senón tamén exportalo.
O Gamelab 2013 botará a andar o vindeiro día 26 en Barcelona
Compartir Este Artigo
