Broken Sword é a aventura gráfica incluída neste novo lote de xogosA iniciativa The Humble Bundle, que ofrece lotes de xogos que poden adquirise pagando a cantidade que decida o usuario e que repartirase entre os desenvolvedores, os organizadores e entidades benéficas estrea hoxe un conxunto de xogos moi atractivo que non só teñen versións para Windows, OS X e Linux, senón que tamén poden xogarse en Android (de feito, un dos seu xogos só está dispoñible para o sistema operativo móbil). Pulse: Volume One destaca no lote por ser un xogo exclusivo para AndroidOs xogos que poderán adquirirse durante un par de semanas son Frozen Synapse (galardoado co Premio do Público na edición de 2012 do Independent Games Festival), a edición do director de Broken Sword: Shadow of the Templars (aventura gráfica gañadora de numerosos premios entre 2009 e 2011), Aquaria (gañador do grande premio de 2007 no Independent Games Festival), Fractal: Make Blooms Not War (que co Humble Bundle estrea versións para Android e Linux), a versión do director de Organ Trail, Stealth Bastard Deluxe e o xogo para Android Pulse: Volume One. Os dous primeiros xogos da listaxe só poderán descargarse de pagar máis da media, mentres que os usuarios que paguen máis de 1 dólar poderán facerse con códigos para descargar os xogos para ordenador a través de Steam.