Tras o éxito de xogos como Where’s My Water? e Where’s My Perry? a división de videoxogos para de Disney atrévese agora a achegar ao seu icónico Mickey Mouse (coa estética que presenta nunha nova colección de curtametraxes animadas de Disney Channel) a esta fórmula, estreando o xogo Where’s My Mickey? que xa pode adquirirse en versións para iPhone/iPod Touch, iPad, smartphones con Android, tablets con Android, Windows Phone 8 e Windows 8 a prezos que oscilan entre os 0,76 euros e os 3,99 euros.
Este título con xogabilidade baseada na física real permitirá superar distintos episodios e resolver quebracabezas utilizando xestos sobre a pantalla do noso dispositivo móbil para axudar a Mickey a recoller auga a completar todas as historias. Permite empregar o vento, as nubes e a chuvia para superar máis de 100 niveis cheos de divertidos desafíos que poden ampliarse mediante pagamento dentro a aplicación con máis quebracabezas protagonizados por amigos de Mickey como Goofy. Tamén é posible axudar a Pluto a buscar coleccionables agochados para desbloquear quebracabezas adicionais.
Trailer de Where's My Mickey?
