A finais dos anos 80 causou furor en distintas plataformas (recreativa, NES, ZX Spectrum, MSX2, Amstrad CPC, Commodore 64, MS-DOS…) un xogo de acción chamado Gryzor (coñecido internacionalmente como Contra), que combinaba niveis de desprazamento horizontal nos que poder agacharse, saltar e disparar en 8 direccións, cuns escenarios especiais nunha especie de labirintos tridimensionais que rematan cun reto final. Pois este clásico pode recuperarse agora renovado, nun xogo para iOS dispoñible por 0,89 euros para iPod Touch e iPhone e por 2,69 euros para iPad, presentando uns gráficos en alta definición e uns controis adaptados a pantallas táctiles.
Contra: Evolution tamén elimina certos atrancos para o usuario, especialmente no que ao se nivel de dificultade se refire, pasado de contar con 3 vidas a poder gozar de 30, de xeito que o xogo pode completarse sen ser un auténtico experto deste shoot-em-up de culto. De todos os xeitos estamos ante un título que, coa súa esixencia, fai que o control táctil provoque certa frustración, polo que é posible que ata a chegada de iOS 7 (actualización para a que o xogo xa está preparado) e a súa compatibilidade con certos controis físicos externos non podamos gozar deste xogo como se merece.
O clásico Gryzor adáptase aos dispositivos móbiles de Apple
Compartir Este Artigo

