O xogo Colin McRae Rally 2.0 que puidemos ver en 2001 na primeira PlayStation está de volta, de xeito que os usuarios de dispositivos móbiles de Apple poden xa adquirilo como aplicación universal por 4,49 euros na App Store, ofrecendo 30 circuítos reais de rally que suman unha distancia de máis de 130 quilómetros que podemos percorrer ao volante de 4 coches lendarios (o Subaru Impreza, o Mitsubishi Lancer Evolution VI, o Lancia Stratos e o Ford Focus).
O Colin McRae Rally para iOS conta cun control adaptado a pantallas táctiles, presenta uns gráficos que realmente impresionan para tratarse dun xogo con tantos anos sobre as costas, está acompañado polas voces en inglés do co piloto profesional Nicky Grist, conta con varios modos de xogo, non esquece un sistema de control de danos dinámico e incluso permite configurar o seu sistema de control nun esixente modo experto.
Estamos ante un auténtico referente do seu xénero que convértese nun título imprescindible para os afeccionados aos rallys que teñan como mínimo un iPod Touch de 5ª xeración, un iPad 2 ou un iPhone 4S.
Trailer do xogo na súa versión para iOS
