Os seareiros dos xogos para PC están afeitos a que, co verán, poidan gozar tamén de suculentas rebaixas na tenda de descargas de Valve, Steam, que comezaron esta mesma tarde, e durarán ata o día 22, ofrecendo descontos que en moitos grandes títulos chega ata o 75% e que irán mudando diariamente.
As oferta comezan con descontos de entre o 50 e o 75% na franquía Bioshock (o primeiro e o segundo BioShock véndense a só 4,99 euros e BioShock Infinite a 24,99 euros); Endless Space, Antichamber e Defiance cun 66% de desconto; Hotline Miami, Scribblenauts Unlimited e a franquía de Left 4 Dead cun 75% de desconto (ou sexa, que tanto o primeiro como o segundo Left 4 Dead poden adquirirse por só 3,49 euros), Don’t Starve cunha rebaixa do 40% e Toki Tori 2+ cun 34% de desconto.
Aparte das mencionadas ofertas de verán, tamén hai ofertas lóstrego que renóvanse cara 8 horas e tamén ofertas que se elixen por votación da comunidade de usuarios, polo que os xogadores de PC terano doado para adquirir os seus xogos desexados a prezos bastante axustados.
Steam inicia as súas rebaixas de verán
Compartir Este Artigo
