
O presidente de Nintendo Europa, Satoru Shibata, deu conta de novas como que os puntos de Nintendo Zone terán melloras para StreetPass que permitirán aos xogadores conectarse entre si e detallou un novo modo de enfrontamento para Pikmin 3, xogo que sairá á venda o 26 de xullo, tanto en tendas físicas como a través da Nintendo eShop. Precisamente á eShop tamén chegarán 3 novos xogos para Wii U en breve: DuckTales: Remastered o 15 de agosto; Cloudberry Kingdom o 1 de agosto e Spin the Bottle: Bumpie’s Party, que chegará durante o mes de agosto.

Pero non só houbo novas sobre a Wii U, senón que no Nintendo Direct tamén anunciaron que a Nintendo eShop vai recibir en breve a serie SEGA 3D Classics que inclúe clásicos como Altered Beast, Ecco the Dolphin, Galaxy Force II, Shinobi III, Sonic the Hedgehog, Space Harrier, Streets of Rage e Super Hang-On.
Vídeo íntegro do Nintendo Direct Mini
Un Nintendo Direct Mini adianta xogos que chegará a Wii U nas vindeiras semanas
Compartir Este Artigo
