Activision anunciou nas últimas horas que as Tartarugas Mutantes van ter un novo videoxogo o vindeiro 25 de outubro para Wii, Nintendo 3DS e Xbox 360 que estará inspirado na serie de animación que actualmente pode verse na canle Nickleodeon (e tamén en Clan), como xa fixo hai pouco un xogo para iOS (que supuxo a primeira incursión dos personaxes de Kevin Eastman e Peter Laird no iPad).

Este non será o único xogo das Tartarugas que poderemos ver en breve, pois a finais de agosto tamén está previsto o lanzamento de Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows, que terá unha estética máis adulta e pretende converterse nunha triloxía.
Trailer do novo xogo das Tartarugas Mutantes
