Entre os días 3 e 4 de agosto a cidade de San Francisco vai celebrar unha curiosa feira de videoxogos chamada GaymerX e que preséntase como a primeira convención de xogos orientada a un público do conectivo LGBT, facendo este encontro nun evento para socializar, divertirse e debater sobre unha industria que non é allea a certa discriminación sexual.
A feira estará aberta á celebración de festas, contará con paneis de discusión nos que participarán tanto creadores como xogadores, animará aos participantes a acudir disfrazados de personaxes de videoxogos e aspira a converterse na maior concentración de xogadores LGBT do mundo.
A organización asegura que a convención superou xa as 2.000 entradas vendidas, contará coa participación de empresas como EA e Microsoft, e durante a súa celebración gravarase parte do documental Gaming In Color, que atopou financiamento hai pouco a través de Kickstarter.
San Francisco acollerá a primeira convención LGBT de videoxogos
Compartir Este Artigo
