A franquía de xogos móbiles de correr empregando a pantalla táctil para elixir movementos como xiros ou saltos, Temple Run, vén de dar un sorprendente paso ao incorporar entre o seu catálogo de personaxes desbloqueables ao atleta xamaicano Usain Bolt en Temple Run 2.
O xogo comezara con personaxes propios da súa estética (Guy Dangerous, Scarlett Fox, Barry Bones e Karma Lee) pero foi introducindo personaxes un pouco diferentes (Francisco Montoya o conquistador, Zack Wonder o futbolista e Montana Smith o explorador), pero ao incluír a unha persoal real, que ademais é famoso pola súa habilidade para correr, consegue que moitos queiran desbloquear este contido que estará dispoñible por tempo limitado e só mediante o pagamento con cartos reais (este personaxe non acepta as moedas propias do xogo para o seu desbloqueo), de aí que inclúa tamén algún engadido (Bolt está equipado cun superpoder eléctrico que crea un campo protector e que tamén pode atraer moedas.
Esta non é a primeira incursión do corredor xamaicano nun xogo móbil, poida o ano pasado tamén protagonizou un runner moi sinxelo titulado Bolt!, que está moi lonxe da experiencia que ofrecen os Temple Run pero que tamén pode descargarse de balde.
Usain Bolt estréase como personaxe desbloqueable en Temple Run 2
Compartir Este Artigo
