Tras o éxito que acadaron as distintas entregas de Nintendogs nas consolas portátiles de Nintendo, dende Sony non parecen querer deixar pasar o xénero de xogos mascotas, e anuncian que Spiral House está a traballar en PlayStation Vita Pets, que busca ser algo máis que un simulador de mascotas, converténdose nun auténtico xogo con personaxes, diversión e aventura.
O xogo centrarse nos cans como mascotas, buscando que teñan un comportamento e uns movementos moi realistas, para o que están a tirar proveito da potencia da PS Vita.
O xogo permitirá elixir entre diferentes cadelos, cada un coa súa personalidade, sentido do humor e características e, tras familiarizarnos cos mesmos, poderemos atrevernos a saír con eles á aventura de Castlewood Island, onde explorar e resolver quebracabezas.
O xogo non deixará de lado a simulación de mascotas, permitindo que bañemos, vistamos, adestremos, ensinemos trucos, acariñemos, alimentemos e paseemos ao noso cadelo, e incluso poderemos empregar a realidade aumentada para ampliar a experiencia que achegará PlayStation Vita Pets cando chegue ás tendas en 2014.
Trailer de presentación de PlayStation Vita Pets
PlayStation Vita Pets quere popularizar os xogos de mascotas na portátil de Sony
Compartir Este Artigo
