Command & Conquer: Red Alert 3: Uprising é un completo xogo de estratexia que podemos descargar tanto de Origin como de SteamO último Humble Bundle está a causar furor, non só porque Electronic Arts decidise ofertar a un prezo ridículo (os interesados poden pagar dende 1 dólar por varios xogos e menos de 5 dólares polo conxunto completo) un lote de títulos valorados nuns 215 dólares sen cobrar un can e destinando os máis de 8 millóns de dólares recadados ata o momento a fins solidarios, senón que agora fai aínda máis atractiva a compra incorporando un par de xogos adicionais á colección, que poden descargar tanto os que comprasen o lote previamente como quen o merque nos vindeiros 6 días. Populous, editado en 1989, foi o primeiro simulador de deusEntre os novos xogos incluídos no The Humble Origin Bundle temos, dispoñible tanto a través de Steam como de Origin, o recoñecido xogo de estratexia Command & Conquer: Red Alert 3 – Uprising, que agradecerán moitos usuarios, aínda que resulta bastante máis rechamante o outro título engadido, Populous, un clásico de 1989 considerado como o primeiro simulador de deus, e que podemos descargar a través de Origin para rememorar unha auténtica xoia dos videoxogos para PC (que saltaría despois a múltiples plataformas e que axudaría salientar a figura de Peter Molyneux como un dos desenvolvedores máis influentes do sector).