Nintendo sorprendeu hoxe anunciando un novo membro da familia da Nintendo 3DS que chegará ás tendas europeas o 12 de outubro e que consiste nunha versión estilizada da 3DS na que prescíndese da súa revolucionaria pantalla auto-estereoscópica, de xeito esta nova Nintendo 2DS que permite gozar de xogos de Nintendo DS e 3DS, pero en dúas dimensións, o que permite reducir o prezo da consola. Un detalle que distinguirá claramente esta nova consola das súas predecesoras é que prescinde do tradicional formato de cuncha, presentando un deseño plano, o que ten un claro impacto na posición na que se emprega a consola.
A nova consola chegará inicialmente en dúas cores: branco-vermello e negro-azul. Nintendo tamén venderá fundas de transporte para a nova consola en cor vermella ou azul.
A Nintendo 2DS venderase cun lapis, unha tarxetas de memoria SDHC de 4 Gb (o dobre de capacidade que a 3DS orixinal), 6 tarxetas de realidade aumentada e un adaptador de corrente (elemento do que prescindía a 3DS XL). O seu prezo será de 129,99 euros.
Estamos ante unha desas curiosas ocasións nas que Nintendo busca rebaixar o prezo das súas consolas restándolles prestacións, aínda que destaca volta parece que o elemento a ter máis en conta é o novo formato da consola portátil, pois moitos usuarios non botarán en falta a pantalla 3D, por non resultarlle agradable xogar con tal funcionalidade activada.
Vídeo de presentación da Nintendo 2DS
Nintendo prescinde das 3D na súa nova consola portátil
Compartir Este Artigo
