Tras pasar pola App Store e por Google Play, a tenda de descargas de Windows Phone 8 recibe un atractivo xogo de Gameloft publicado baixo a etiqueta de Xbox, que destaca por ser un western fantástico de balde, con modo para un xogador e modo multixogador en liña, no que hai que explorar unha fronteira do salvaxe Oeste chea de misterios, bandidos… e inimigos paranormais.
Six-Guns é un shooter en terceira persoa permite percorrer un mundo aberto localizado entre Arizona e Oregón, conta con 40 millóns variadas (carreiras de cabalos, detención de ladróns…), numerosos elementos desbloqueables (8 cabalos, 19 armas e unha ampla selección de complementos, munición e outros obxectos que axudarán nesta aventura). Aínda que o xogo pode completarse sen pagar, inclúe micro-pagamentos.
O western fantástico Six-Guns estréase para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo
