Nos últimos meses vimos como varios xogos de condución (como Ridge Racer ou Real Racing 3) facían unha forte aposta polo Free-to-Play como modelo de negocio, dando a impresión de que era o camiño a seguir neste xénero, pero dende 2K Games quixeron desmarcarse e estrean hoxe na App Store un xogo desenvolvido por Lucid Games (estudo do que forman parte profesionais que traballaron en títulos como Blur e Project Gotham Racing), 2K Drive, que véndese como aplicación universal para iPhone e iPad por 5,99 euros, para que os usuarios saiban dende o primeiro momento o que teñen que gastar para poder gozar dos contidos íntegros do xogo.
2K Drive conta cuns gráficos coidados, coches de marca reais, escenarios de condución auténticos, personalización do piloto (incluso poñéndolle a cara real do xogador) e o vehículo, permite a adquisición de elementos (reforzos, melloras, coches…) mediante moedas que se gañan no xogo e incluso ten un modo multi-xogador que permítenos competir cos nosos amigos e con xogadores de todo o mundo.
Trailer de lanzamento de 2K Drive
