A franquía de xogos que máis relevancia ten nas presentacións de Apple parece ser a de Infinity Blade, que tende a empregarse como exemplo de potencia gráfica de cada xeración de dispositivos e, ante o lanzamento de iOS 7 e a inminente chegada do iPhone 5S, chega hoxe á App Store como aplicación universal a un prezo de 5,99 euros o título que pon fin á saga inicial, Infinity Blade III.
Este título deseñado por ChAIR Entertainment presenta uns gráficos de impresión e tirará proveito do procesador de 64 bits do iPhone 5S, aínda que manterá a compatibilidade con iOS 6 e con dispositivos anteriores. Esta nova entrega deste xogo de loita no que combátese empregando xestos na pantalla do noso smartphone ou tablet e doado de controlar, ten uns gráficos tridimensionais moi detallados movidos polo Unreal Engine de Epic Games, incorpora 2 tipos de personaxes (o lendario Siris ou a áxil ladroa Isa), estrea 3 modos novos de xogo en liña, pode almacenar contido en iCloud e incluso pode facer uso da saída HDMI. Aínda que estamos ante unha aplicación de pagamento, cómpre avisar de que tamén inclúe compras dentro do xogo.
Infinity Blade III estréase na App Store
Compartir Este Artigo
