Cando Rockstar Games iniciou o modo de xogo en liña de GTA V advertiu que as dúas primeiras semanas desta nova experiencia serían como unha fase de probas, o que materializouse en moi frecuentes actualizacións para facer que GTA Online puidese funcionar con relativa normalidade, para desesperación de moitos usuarios, e agora que a cousa comeza a ir polo seu rego decidiron compensar aos usuarios a través dun lote de estímulo especial a todos os que xogaron ou vaian xogar o modo en liña este mes, de xeito que a partir da semana que vén comezarán a recibir medio millóns de dólares do xogo nas contas do banco de GTA Online.
Para manter a economía mundial do xogo equilibrada realizarán as entregas destas cantidades en 2 depósitos distintos, con datas por concretar, recomendando aos xogadores que non gasten os cartos nun único sitio. Esta medida quere facilitar que os usuarios que experimentaron problemas nos pasados días, chegando incluso a perder os seus progresos, poidan comezar de novo ou poidan retomar a súa vida virtual do xeito máis doce posible.
Os xogadores de GTA Online recibirán medio millón de dólares virtuais para compensalos polos problemas no xogo
Compartir Este Artigo
