A saga de Castlevania desenvolvida polo estudio español Mercury Steam está a preparar a chegada da súa segunda parte, Castlevania: Lords of Shadow 2 o vindeiro día 31, e para que os usuarios que queiran gozar da saga completa e non conten cunha Nintendo 3DS, decidiron adaptar o xogo da portátil de Nintendo, Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate, para as consolas de alta definición, estreándose hoxe mesmo na tenda de descargas de Xbox 360 a un prezo de 14,39 euros. A versión para PlayStation 3 verá a luz o vindeiro día 30 a un prezo de 12,99 euros.
Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate HD revela a historia dalgúns dos descendentes de Gabriel Belmont, incluíndo a Simon e Trevor Belmont, na súa batalla contra o seu propio destino só para descubrir o seu impactante sino. No xogo poderase tomar o rol de varios personaxes con cadansúa habilidades, a través de distintos períodos históricos. Amosa unha grande variedade de combos e un sistema de combate bastante profundo, aínda que coas limitacións propias dun xogo deseñado para unha consola portátil (aínda que gozando algúns novos modos e presentando uns gráficos actualizados para a alta definición).
Castlevania – Lords of Shadow – Mirror of Fate HD estréase para Xbox 360
Compartir Este Artigo
