Os afeccionados ás aventuras en banda deseñada do galo Astérix que gusten de xogos como Plants vs. Zombies estarán entusiasmados co novo xogo de Bulkypix, Astérix: Represalia Total, un xogo de defensa no que haberá que protexer a aldea gala dos romanos colocando obstáculos no seu camiño, así como a moitos dos populares galos das historietas gráficas, que terán cadansúas habilidades, polo que a súa colocación dependerá das estratexias que queiramos adoptar. Non falta a poción máxica de Panoramix e a posibilidade de convocar a heroes como Astérix ou Obélix para botar unha man contra as hordas romanas.
Este divertido xogo permite empregar poderes especiais dos deuses galos contra os romanos, mini xogos e a posibilidade de vivir a experiencia de xogos como unha aventura de rol ou un arcade. Está dispoñible para Android e para iOS a un prezo de 1,79 euros, en vez de apostar polo free-to-play como o recente Astérix: Megabofetón.
Trailer do xogo para iOS e Android
