Microsoft está a comezar a distribuír a versión de proba do seu Project Spark a escala global, permitindo que os usuarios de Windows 8.1 poda comezar a gozar desta interesante aplicación que a primeiros de 2014 chegará tamén a Xbox One e que achegará un mundo aberto onde os usuarios poden crear xogos de seu, películas e historias nese mundo, o que a algúns pode lembrar ao fenómeno de Minecraft, pero que desta volta chega cuns gráficos coidados.
A beta de Project Spark manterase durante varios meses para pulir esta plataforma en liña que permitirá participar en innumerables aventuras, facilita a creación dos nosos propios xogos, subministra as ferramentas para que o usuario poida moldear o seu mundo e fai doado dotar ás nosas creación de vida.

A versatilidade de Spark parece bastante grande, podendo empregarse esta ferramenta para crear xogos de acción en primeira persoa, xogos de plataformas en 2D ou incluso títulos tower-defense, nos que os usuarios poderán personalizar todos os elementos, permitindo así que os xogadores poidan ser tamén creadores de xogos para as consolas de Microsoft (o proxecto estará dispoñible para Xbox One, Xbox 360 e Windows 8.1). Cómpre destacar que a versión para Xbox One tirará proveito de Kinect, agardándose que sexa un dos argumentos para dar a entender que esta tecnoloxía chegou para quedar.
Vídeo de presentación do Project Spark
Comeza a fase de probas do Project Spark
Compartir Este Artigo
