Tras conseguir financiamento a través de Kickstarter Camouflaj consegue que o seu xogo République vexa a luz na App Store como unha aplicación universal que custa 4,49 euros e que segue a tan de moda fórmula das entregas episódicas, de xeito que haberá que pagar 13,99 euros polo seu pase de tempada de querermos gozar da aventura enteira do que parece que podería confirmarse como un dos mellores xogos do ano para dispositivos móbiles (aínda que xa están a traballar en versións para PC e Mac), que destaca polo seu excelente control táctil (especialmente no iPad), aínda que tamén é compatible con mandos externos.

Neste xogo para iOS estiveron involucrados desenvolvedores de grande experiencia na Industria (que participaron na creación de xogos como Metal Gear Solid 4, Halo 4, F.E.A.R., Black & White 2 e SOCOM) e fixo un uso intensivo da captura de movemento con escenas interpretadas por varios profesionais que tamén contribuíron a grandes videoxogos (como Mass Effect, Bioshock Infinite ou Star Wars: The Old Republic) e incluso conta con tecnoloxía de expresión facial propia dos xogos para consolas domésticas.
Este produto desenvolvido con Unity chega en inglés, francés, alemán, ruso, portugués (de Brasil) e español.
Trailer de lanzamento de République
