Tras as súas versións para iOS e Android, chega á tenda de aplicacións para Windows Phone 8 o xogo Rabbids Big Bang, que está á venda por 0,99 euros e ofrece a posibilidade de gozar dun novo título dos coellos tolos que naceron nos primeiros xogos de Rayman, conseguindo desprenderse de tal serie para conformar unha franquía de seu.
Big Bang é o primeiro xogo dos Rabbids baseado na física (como tamén fan os xogos principais de Angry Birds) e permite pilotar a un Rabbid polo espazo coa xema do dedo tras usar un bate para lanzar ao Rabbid ao espazo. O título achega 150 millóns repartidas en 10 galaxias, sen esquecer o humor propio destas criaturas que poderán rebotar con parrulos de goma espaciais, chocar contra vacas ou estamparse contra o sol mentres recollen moedas para mellorar o turbo e aumentar a enerxía.
O xogo tamén permite personalizar a estas criaturas absurdas, conseguindo dar lugar a un xogo tan curioso e divertido como de costume nesta franquía de Ubisoft.
Trailer de lanzamento de Rabbids Big Band
