A tenda de aplicacións para Windows Phone estrea hoxe de balde o xogo Agent P, un runner sen fin desenvolvido por Majesco e baseado no Axente P (Perry) da serie de animación Phineas y Ferb (Disney) e que, como moitos outros títulos do seu xénero ten unha mecánica de sobra coñecida: correr o máximo tempo posible, collendo moedas e esquivando obstáculos, para o que poden facerse cos dedos os xestos de desprazarse lateralmente, saltar e dar rolos (para evitar chocar).
Para xustificar esta aventura de velocidade cóntannos que o Doutor Doofenshmirtz decidiu acabar co Axente P, polo que encheu a Área dos Tres Estados con todos os aparatos que se lles ocorreu. Pola súa banda, o Axente P e os seus compañeiros da O.W.C.A. deberán perseguir ao excéntrico malvado e salvar á vila de Danvill.
Como outros runners, estamos ante un título do que podemos gozar sen pagar, aínda que inclúe pagamentos dentro da aplicación.
Windows Phone 8 recibe un xogo inspirado nun dos personaxes de Phineas y Ferb
Compartir Este Artigo
