Un dos principais competidores de WhatsApp, LINE, continúa a reforzar o seu catálogo de xogos da súa plataforma (que precisa da identificación coa conta de usuario de LINE para poder gozar dos xogos, contribuíndo a aumentar a base de usuarios desta solución de mensaxería instantánea) e ofrece dende esta semana o seu primeiro xogo de golf, LINE Let’s Golf!, unha versión do popular xogo publicado por Gameloft para dispositivos móbiles, e que deste xeito pode gozarse de balde para Android e para iPhone.
LINE Let’s Golf! ofrece variados campos de golf en tres dimensións (dende illas tropicais ata xardíns), conta con grandes opcións de personalización para adaptar o noso estilo de xogo ao contorno, permite crear avatares únicos con moreas de personaxes e traxes desbloqueables e tamén ofrécenos a posibilidade de retar aos nosos amigos ou competir con eles en clasificacións semanais. Unha excelente oportunidade para gozar dun popular xogo de golf de balde.
LINE ofrece de balde para Android e iOS o xogo Let’s Golf!
Compartir Este Artigo
