O veterano estudio de videoxogos canadense HB Studios anunciou que durante a vindeira primavera vai lanzar The Golf Club, xogo que pretende levar a simulación do golf á nova xeración de consolas de videoxogos, pois aparte de contar cunha versión para PC, tamén poderá gozarse dende Xbox One e PlayStation 4.
O xogo non só contará con gráficos de nova xeración, senón que tamén conta cun creador de campos de golf que permitirá deseñar un campo en cuestión de segundos, podendo compartirse os resultados con outros usuarios a través da Internet, o que fai que este xogo teña na práctica un número eliminado de campos nos que xogar durante innumerables horas. O sistema de personalización chega incluso aos torneos, de xeito que poderemos competir en campos deseñados polos usuarios.
O sistema de campos de golf que integra este xogo está feito de xeito que non hai tempos de carga entre cada buraco.
Trailer do novo xogo de HB Studios
