Ao fabricante de xoguetes LEGO dáselle moi ben asumir franquías alleas, e coa marca LEGO Star Wars está a facer un magnífico traballo, como na nova colección Microfighters, que non se limita a permitir que os cativos poidan coleccionar os seus micromodelos, senón que tamén estreou hoxe contrapartida dixital na App Store, onde podemos mercar dende hoxe LEGO Star Wars: Microfighters a un prezo de 0,89 euros.
Estamos ante un shoot’em up de desprazamento vertical bastante clásico, no que podemos elixir bando (rebeldes ou o Imperio), pilotar os naves icónicas e percorrer 18 niveis de acción repartidos en 4 planetas. No xogo podemos coleccionar pezas para adquirir artigos, armas e mellorar a nosa nave, para poder facer fronte aos máis de 35 tipos de inimigos e aos 8 inimigos finais que haberá que derrotar. LEGO Star Wars: Microfighters fai un uso intensivo da memoria do iPhone ou o iPad, polo que recoméndase pechar as aplicacións en segundo plano se queremos poder gozar deste xogo de xeito fluído.
Aínda que o xogo para iOS ten uns gráficos limitados, a nova colección de LEGO Star Wars si presenta unha aparencia magnífica en vídeo
