Activision e Hasbro anunciaron hoxe o videoxogo Transformers: The Dark Spark, título relacionado coa película Transformers: La Era de la Extinción (nos cines o vindeiro verán), sen servir de adaptación do filme, que mesturará o mundo creado nas películas de Michael Bay co universo de Cybertron, deixando que os xogadores poidan elixir entre máis de 40 personaxes xogables de ambos mundos na súa loita pola Faísca Escura (The Dark Spark), estando dispoñible para Xbox One, Xbox 360, PS4, PS3, Wii U, Windows PC e Windows 3DS, de xeito que sería o primeiro título desta franquía en gozar de versión para consolas de novo xeración.
Despois do éxito dos xogos Transformers: La Guerra por Cybertron e Transformers: La Caída de Cybertron (obras do estudio High Moon, que non se fará cargo desta nova entrega), buscan continuar a saga mesturando a historia coa do novo filme no seu modo campaña, no que poderemos incluso combinar os poderes dos Autobots cos dos Decepticons. Este título tamén contará cun modo multi-xogador e un modo de supervivencia de ata 4 xogadores cooperando en liña.
Polo momento non se anunciou a data final de lanzamento deste xogo, agás que sairá este mesmo ano, polo que é de agardar que a súa comercialización sexa parella á do filme estival de Michael Bay.
Novo trailer de Transformers: The Dark Spark
Os Transformers chegan este ano ás consolas de nova xeración
Compartir Este Artigo
