Dungeon Defenders incorporarase a Games With Gold o vindeiro día 16Reducindo as distancias entre PS Plus e Xbox LIVE Gold, este mes Microsoft ofrece sen custo adicional aos usuarios do seu servizo de xogo en liña de pagamento un par de xogos bastante dignos, comezando por Sid Meier’s Civilization Revolution (dispoñible ata o vindeiro día 15 e actualmente valorado en 29,99 euros) e continuado na segunda metade do mes con Dungeon Defenders (valorado en 14,99 euros). Estes títulos reforzan así a oferta cada vez mellor de Games With Gold, que achega mensualmente xogos cun prezo de ata 35 euros, que poderán quedar instalados no equipo do usuario mentres continúe sendo subscritor de Xbox LIVE Gold. Ata o día 15 estará dispoñible de balde o xogo Civilization Revolution para usuarios de Xbox LIVE GoldNeste momento pode descargarse o Civilization Revolution, un xogo que en 2009 trasladaba os sistemas de xogo deñados por Sid Meier para PC a consolas de videoxogos con bastante éxito, permitíndonos liderar nacións dende os seus primeiros pasos ata a era espacial co obxectivo de conquistar o mundo, permitindo enfrontamentos cos líderes históricos máis importantes mentres iniciamos guerras, realizamos contactos diplomáticos, descubrimos novas tecnoloxías e forzamos un poderoso imperio.