Entre os días 4 e 12 de abril celebrarase a Philly Tech Week 2014, evento que quere rachar co anterior record Guinness á meirande pantalla arquitectónica empregada por un videoxogo aproveitando a fachada do Cira Centre, un edificio de 29 andares ao que equiparán con 1.500 LED programables para poder botar un par de partidas de Tetris en cadansúa cara da construción. Anterior marca facía uso de 460 LED programables instalados en só unha das caras do edificio para botar unha partida ao clásico Pong.
A partida de Pong a tamaño xigante foi todo un acontecemento para a cidade de Philadelphia o ano pasado, na que moitos puideron participar activamente botando unha partida, aínda que moitos máis os que puideron contemplalo, e para ampliar tal experiencia compartida, este ano empregarán unha maior superficie do edificio, o que non só servirá para superar a anterior marca, senón que tamén facilitará que poida verse dende máis puntos da cidade o vindeiro 4 de abril. Ante o grande interese por botar unha partida a un Tetris xigante, a organización deste evento montou un sorteo entre centos de candidatos.
)
Vídeo no que podemos ver o evento do ano pasado
Un rañaceos de Philadelphia albergará partidas de Tetris na súa fachada
Compartir Este Artigo
