Harmonix, a compañía especializada en xogos musicais como Rock Band, Dance Central e Amplitude, vén de baixar radicalmente o seu listón para publicar un tópico runner no que controlamos a un afeccionado á música que perdeu nun accidente a súa colección de discos de vinilo, e que terá que recuperar correndo polas rúas mentres esquiva numerosos obstáculos (saltando, agachándose ou movéndose lateralmente) mentres escoitamos música ambiental en cada nivel.
Record Run, título que podemos descargar xa de balde para dispositivos con iOS, sería así un runner musical, que precisa de que as cancións que escoitemos estean almacenadas localmente no noso tablet, podendo empregar para iso a nosa propia música (que careza de protección anti-copia), e baseando o negocio desta aplicación na posibilidade de mercar a moeda virtual do xogo (discos) mediante cartos de verdade, para así poder desbloquear elementos que van dende potenciadores ata traxes e personaxes.
Trailer de lanzamento de Record Run
Harmonix lanza un runner musical na App Store
Compartir Este Artigo
