O estudio español de desenvolvemento de videoxogos Novarama conseguiu grande éxito nos últimos anos coa súa franquía Invizimals, presente en PSP, PlayStation 3 e, dende o pasado outono, tamén en PlayStation Vita, e esta última plataforma será a que recibirá no outono un novo título: Invizimals: La Resistencia.
O novo xogo de monstros de realidade aumentada permitirá gozar dunha intensa aventura na que os desapiadados robots Xtractor regresaron lanzando un ataque contra o cuartel xeral de La Alianza, o que levará aos xogadores a participar nunha misión secreta para salvar aos Invizimals e derrotar aos inimigos a través de areas de combate interactivas.
Invizimals: La Resistencia contará cunhas 150 criaturas para ser capturadas, das que moitas serán completamente novas, para goce dos numerosos seguidores desta franquía.
A PS Vita recibirá un novo xogo de Invizimals no outono
Compartir Este Artigo
